Responder al comentario

Tras ver o vídeo da gran enfermidade como é a malaria, descubrín moitas cousas como o simple feito de que o mosquito actúa como o vector que transporta a enfermidade dun ser humano a outro. Cando recibimos algunha que outra información sobre ela, non nos dan a coñecer todos os detalles coma ocorre co vídeo, pois o pouco que se nos explica sempre é que esta enfermidade débese a un mosquito. O que se nos dá a coñecer aquí son todos os síntomas que esta produce como é o dor de cabeza, cansancio e que sempre acaban en mortes que se dan sobre todo en nenos e embarazadas. O problema disto é que o mosquito que pica ao ser humano succiona o microorganismo, que en realidade é o verdadeiro productor da enfermidade, e ao picarlle a outro ser humano, este contrae a enfermidade sen darse de conta. Eu penso que este tema se ten que tratar moito máis porque é unha das peores enfermidades que pode existir e a penas temos información sobre ela.

Respuesta

El contenido de este campo se mantiene como privado y no se muestra públicamente.
CAPTCHA de imagen
Introduzca los caracteres que aparecen en la imagen.