Visita ao Inhibic Coruña

O mércores 4 de xuño, o alumado de 2º bacharelato visitou o Inhibic (Instituto de Investigación biomédica) da Coruña, un centro de referencia internacional tanto en investigación coma en formación. Visitamos as salas de cultivos celulares, proteómica, xenómica e as salas adicadas á tecnoloxía da saúde, onde os rapaces tiveron a oportunidade de simular unha operación de vesícula, visitaron un quirófano e sobre todo, tiveron unha charla de primeira man sobre as posibles saídas profesionais relacionadas coa investigación e a medicina en xeral.
Agradecemos  especialmente o trato e a atención recibida por todo o persoal do Inhibic, a claridade nas explicacións e o seu entusiasmo para compartir o seu coñecemento.

Déjanos tu comentario