Responder al comentario
Submitted by Carlos de Paz (NCXH Spain) (not verified) on Ma, 14/02/2012 - 10:28.
Hola Natalia,
chamoume a atención a túa entrada no blog. Moitas grazas por opinar. E o mellor e cando unha opinión da pé a máis, como neste caso. Se o pensas ben "para a persoa que lle interesen estes temas" non é moi certo. En Xplore Health tratamos da saúde, algo que afecta a tódalas persoas. A calquera. ë certo que non todo o mundo está interesado na investigación, pero todo o mundo pódese ver beneficiado (ou perxudicado) polo modo no que se xestiona a investigación. Por esa razón, calquera persoa debería ter interese neste tipo de cuestións, as que se tratan no portal e outras moitas das que, por desgracia, non sempre chegan ó coñecemento xeral.
Un saúdo