O 23 de abril os alumnos de 4º de ESO do IES Rafael Dieste participamos nun taller da Domus para realizar unha práctica de laboratorio segundo o protocolo proposto no proyecto Xplore Health
/sites/default/files/protocol%20experiment%20VIH%…
A hipótese de partida:
Unha proteína identificada porIrsiCaixa http://www.irsicaixa.es/es/divulgacion era unha boa candidata para elaborar unha vacina universal contra o VIH?
O virus do VIH amosa unha alta variabilidade e debemos atopar a nosa secuencia proteica nos distintos subtipos de VIH.
Aprendendo a utilizar técnicas de laboratorio como o uso de enzimas de restrición para cortar onde queremos o ADN
e electroforese para identificar os anacos, fixemos unha marabillosa experimentación.
As nosas conclusións foron que a nosa secuencia proteica era boa candidata, pois aparecía nas variantes africana, asiática e europea.
O taller nos situou con as nosas batas e os nosos postos de traballo nun casi verdadeiro laboratorio científico. O manexo dos aparatos, utensilios, e técnicas fíxonos ser "Científico por un día" quen sabe nun futuro,....
As explicación e ampliación encol da SIDA (con magníficos vídeos ), por parte das monitoras da Domus permitiunos ter unha idea completa e global sobre a situación da SIDA/VIH no mundo, a súas terápias e achegamentos a vacinas.
Deixamos aqí un vídeo resumo da nosa experiencia.
Comentarios
Enviar nuevo comentario